A Esteada

A Esteada

Compartir

A Esteada é un proxecto de produción e venda de aceites, ungüentos, xabóns, champús e tinturas fabricados con produtos naturais dende Galicia.

05/01/2024

A Esteada pecha!
Despois de 13 anos traballando neste proxecto chegou o momento de decir adeus.
Quero comezar este ano pechando unha etapa importante da miña vida, para dar paso a outros proxectos nos que levo embarcada dende fai un tempo e que me teñen moi ilusionada.
Non quero deixar de agradecer a toda esa xente que me acompañou nalgún momento deste camiño, apoiando este proxecto, compartindo, mercando ou interesándose dalgún xeito.
Agradecementos infinitos tamén, para esas persoas que compartiron os seus saberes conmigo, facendo posible que este proxecto tan querido para min tivese un oco no mundo.
Marcho con ledicia porque disfrutei moito do meu traballo durante estes anos e marcho con ilusión porque penso que ás veces é necesario saber decir adeus para dar paso a todo o bo que esta por vir.
Todavía teño algo de stock por se queredes preguntarme por algún producto, se estades interesadxs en algunha receita, non dubidedes en contactarme, deixarei un tempo a páxina disponible.
Agardo que o 2024 veña cargado de todo o que máis desexedes e con moito ❤️

Con cariño, María

24/12/2022

Moito AMOR nestas datas e o resto do ano!!
🌱💚✨❤️‍🔥

10/10/2022

¿Quieres que tu empresa sea el Salón De Belleza mas cotizado en Ortigueira?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Página web

Dirección

Ortigueira
15330