Asociación Paseniño
ASOCIACIÓN PASENIÑO
Asociación De Personas Con Diversidade E Familias
04/09/2026
📢 *ACTIVIDADES DURANTE O CURSO EN PASENIÑO*
Xa estamos organizando as actividades e o Servizo de Respiro Familiar de Paseniño para este curso. 💙
As familias interesadas poden indicarnos as súas necesidades e preferencias: actividades de ocio, deporte, apoio en habilidades académicas e funcións executivas, actividades grupais… ou outras opcións que poidamos valorar.
📝 Se estás interesado/a, cubre o formulario para que poidamos organizar os apoios e actividades en función das solicitudes recibidas.
👉 https://forms.gle/uvnZgC3dvuu8S4898
⚠️ INFORMACIÓN RELEVANTE: inicialmente o servizo prestarase ata o *9 de decembro*, xa que dependemos de que nos concedan a subvención deste ano para poder continuar a partir desa data. Informaremos de calquera novidade ao respecto.
03/09/2026
👏🏻👏🏻👏🏻
La asociación Paseniño inculcó autonomía y habilidades sociales a niños con diversidad funcional La Fundación La Caixa financia el proyecto que desarrolla esta entidad de la Costa da Morte
03/09/2026
Hai persoas que chegan a Paseniño para traballar, e outras que chegan para regalar o seu tempo. Pero todas deixan algo moito máis grande: unha parte delas.
Detrás de cada actividade, de cada excursión, de cada sorriso e de cada momento compartido hai moitas horas de traballo, organización, paciencia e cariño.
Ás nosas traballadoras, grazas pola vosa dedicación, por coidar cada detalle e por facer que cada día sexa especial.
E ás nosas voluntarias, grazas por estar sempre dispostas a botar unha man, pola vosa xenerosidade e por demostrar que, cando se comparten o tempo e as ganas, pódense facer cousas enormes.
Paseniño non sería o mesmo sen vós. Porque un proxecto coma este non se constrúe só con actividades, senón con persoas que cren no que fan e, sobre todo, que cren nas persoas.
Grazas por formar parte de Paseniño. 🤍
02/09/2026
⚽️💙 PARTIDO SOLIDARIO DE XUVENÍS 💙⚽️
Este sábado 5 ás 12:00 h temos unha cita moi especial en San Paio de Refoxos.
💙 S.R.D. Unión Club Cee
🆚
💙 Escola de Fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo
Un partido diferente, porque o máis importante non será o resultado, senón sumar todos xuntos por unha boa causa.
Por segundo ano consecutivo, os xuvenís do Unión Club Cee levan de forma solidaria o logo de Paseniño nas súas camisetas, axudándonos a dar visibilidade á nosa labor e á importancia da inclusión.
Todo o noso agradecemento aos dous equipos por facer posible este partido e demostrar que o deporte tamén pode ser solidariedade, compromiso e inclusión.
💙 Xuntos marcamos a diferenza!
UNIÓN CLUB CEE
FútbolBase Xuventude Solidariedade Camariñas Cee
02/09/2026
Campamento paseniño 💙🫶🏻
Paseniño e Un Paso Máis despiden un verán de inclusión e conciliación Chegou ao seu remate a segunda edición do espazo de verán organizado pola Agrupación Deportiva Un Paso Máis Paseniño promove novas experiencias para o crecem...
02/09/2026
Axudemos á Ely! 💙
"Ely e unha guerreira, pero necesitamos que as sesións de fisioterapia para tratar a DIPG se faga no Hospital de Cee" Vivir nunha comarca tan esquecida e alonxada dos grandes núcleos de poboación ten moitas cousas positivas. Pero tamén grandes problemas, sobre todo para fami...
01/09/2026
⚽️💙 PARTIDO SOLIDARIO DE XUVENÍS 💙⚽️
Este sábado 5 ás 12:00 h temos unha cita moi especial en San Paio de Refoxos.
💙 S.R.D. Unión Club Cee
🆚
💙 Escola de Fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo
Un partido diferente, porque o máis importante non será o resultado, senón sumar todos xuntos por unha boa causa.
Por segundo ano consecutivo, os xuvenís do Unión Club Cee levan de forma solidaria o logo de Paseniño nas súas camisetas, axudándonos a dar visibilidade á nosa labor e á importancia da inclusión.
Todo o noso agradecemento aos dous equipos por facer posible este partido e demostrar que o deporte tamén pode ser solidariedade, compromiso e inclusión.
💙 Xuntos marcamos a diferenza!
FútbolBase Xuventude Solidariedade Camariñas Cee
30/08/2026
💙 UNHAS SEMANAS CHEAS DE EXPERIENCIAS EN PASENIÑO 💙
Estas semanas vivimos un montón de momentos especiais: aprendemos, creamos, xogamos, fixemos deporte e, sobre todo, divertímonos xuntos 🥰
🔨 Obradoiro de madeira
🏄♀️ Pádel surf en Fisterra
🏅 Deporte e xogos libres
💪 Actividades con DaFIT
🎨 Obradoiro de bolsas e pintura
🔎 Búsqueda do tesouro
🧪 Obradoiro de experimentos
🏡 Visita guiada para os maiores
🎨 Manualidades para os máis pequenos
Unhas semanas para descubrir, experimentar, compartir e crear recordos que quedan. ✨
Grazas a todas as familias por confiar en nós e acompañarnos nesta aventura. 💙
En Paseniño seguimos medrando xuntos, paseniño a paseniño. 🌱💙
Fisterra Cee CostaDaMorte
13/08/2026
💙 Pequenos xestos, grandes corazóns.
Hoxe queremos compartir convosco unha iniciativa moi especial. Roí é un rapaz empático, sensible e solidario que decidiu poñer o seu gran de area para axudar a outros nenos e nenas con discapacidade.
Colleu os seus debuxos e púxoos á venda para recadar fondos. Non hai un prezo: cada persoa achega o que pode e o que lle nace.
Desde PASENIÑO só podemos dicirche: grazas, Roí, por ensinarnos que a solidariedade non ten idade. 💙
Porque cando se axuda desde o corazón, calquera xesto pode facer a diferenza.
Grazas Zaira Trillo
PequenosXestosGrandesCorazóns
11/08/2026
💙 UN PEQUENO CACHIÑO DE TODA A NOSA XENTE SOLIDARIA
Estas son só algunhas das moitas persoas que se achegan ao noso posto, mercan e colaboran con Paseniño.
Son só un pequeno cachiño de todas as persoas que, dun xeito ou doutro, nos apoian e poñen o seu gran de area para que o noso proxecto siga adiante.
A cada persoa que merca, colabora, participa ou simplemente nos anima a continuar: GRAZAS.
Porque detrás de cada compra hai moito máis: hai solidariedade, apoio e compromiso coa inclusión.
💙 Grazas por formar parte de Paseniño.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Contactar con la empresa
Dirección
Cee
Horario de apertura
| 10:30 - 12:00 |
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Paseniño publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.