ACIA Burela

ACIA Burela

Compartir

Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos de Burela. Xuntos facemos vila! ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS, COMERCIANTES E AUTÓNOMOS DE BURELA

Somos unha entidade sin ánimo de lucro que impulsa o comercio local, a industria e o emprendemento en Burela.

30/09/2026

AGARDÁMOSVOS HOXE!

Na Praza da Mariña

⏰ De 17:30 h a 19:30 h
🎟️ Trae os teus tickets de 15 € ou máis do comercio local asociado a ACIA.
🎡 Xira a ruleta de ACIA Burela.
🎁 Leva o teu premio directo para a Volta ao Cole!
Cada ticket ten premio asegurado! Non faltes! 🥳✨

🫶

29/09/2026

Viaxes, reformas, mariscadas, rebaixas, libros... ¡e moitísima ilusión! ✈️🏠🦐👗📚 Grazas a todos os veciños e comercios que formastes parte desta campaña tan especial!

🚨ATENCIÓN: ÚLTIMAS HORAS PARA PARTICIPAR!🚨

O vindeiro xoves 1 de outubro realizarase o ÚLTIMO SORTEO da nosa campaña. Sorteamos o derradeiro premio de 600€ para axudarche coa túa hipoteca ou aluguer.

Cubre os tickets azuis cos teus datos nos establecementos asociados…

¡Moita sorte a todos! 🍀🛒

🫶

28/09/2026

¡Damos a benvida a un novo socio a ACIA Burela! 🛍️✨

Hoxe presentámosvos a OVS Kids Kids Burela a tenda de moda infantil e xuvenil situada en Rúa Pardo Bazán, 18, Burela.

Un espazo cheo de cor, estilo e a mellor calidade para os máis pequenos e mozos da casa. Dende roupa do día a día ata os conxuntos máis especiais, abrigos e accesorios.

O comercio local de Burela segue crecendo e fortalecéndose! 💪
OVS Kids súmase á nosa rede de establecementos para ofrecer o mellor servizo e proximidade.

Benvidos 🫶🏼

🫶

25/09/2026

🎉 XA NOS ESTADES A PREGUNTAR POLA RULETA DE ACIA! 🎒✨

⏰ Cando? Mércores 30, de 17:30 h a 19:30 h.
📍 Onde? Na Praza da Mariña.

Como xa sabedes, participar é moi sinxelo:
1. Trae os teus tickets de compra de 15 € ou máis de calquera comercio asociado a ACIA Burela.
2. Xira a nosa ruleta.
3. Leva o teu premio ao instante! 🎁 (Mochilas, material escolar, vales de desconto e moitas sorpresas).

Grazas por estar pendentes e polo apoio ao comercio local. Agardámoste a última tarde do mes de setembro ! 🛍️💙

🫶 Comercio galego

22/09/2026

Ir a Disneyland París, pagar a última cota da hipoteca ou convidar aos amigos a comer... 🏰🍽️✨ Os nosos veciños xa teñen plans para eses 600€!

🚨 ATENCIÓN: A conta atrás para o último sorteo xa empezou! 🚨

O vindeiro 1 de outubro realizarase o ÚLTIMO SORTEO da campaña. Aínda estás a tempo de conseguir ese premio de 600€ para a túa hipoteca ou aluguer!

Só tes que facer as túas compras nos comercios asociados a Acia Burela, cubrir os teus datos nas papeletas azuis e participar antes do 1 de outubro.

¡Moita sorte a todos nesta última oportunidade! 🍀🛒

🫶

18/09/2026

📍 AGARDÁMOSVOS HOXE!

Fronte a Nora Moda / Mercería Paca

⏰ De 17:30 h a 19:30 h
🎟️ Trae os teus tickets de 15 € ou máis do comercio local asociado a ACIA.
🎡 Xira a ruleta de ACIA Burela.
🎁 Leva o teu premio directo para a Volta ao Cole!
Cada ticket ten premio asegurado! Non faltes! 🥳✨

🫶

16/09/2026

ENTREGA DO SEGUNDO PREMIO “PAGAMOS A TÚA HIPOTECA”! 🔑✨

A xerente de ACIA Burela, Raisa Fanego, xunto a parte da directiva, fixemos entrega hoxe do segundo premio da nosa campaña “Este verán, pagamos a túa hipoteca (ou aluguer)”, valorado en 600 € en vales de compra. 🛍️💶

Parabéns ó gañador Jose e a Reme Peluqueros Reme Fernandez Vivero que entregou o premio 🥇
A disfrutalo! 🥳🎉

Moitísimas grazas a todas e todos por apoiar o comercio local e facer as vosas compras en Burela. Podedes seguir participando!! Recordade que queda un último sorteo 🍀🤞

Coidar do noso comercio é coidar do noso pobo! 💙

🫶 Comercio galego

15/09/2026

A nosa ruleta volve a saír á rúa! 🥳💃

Non te perdas esta oportunidade de gañar comprando no comercio local.

📍 Onde? Fronte a Mercería Paca / Nora Moda.
⏱ Cando? Este venres, 18 de setembro, de 17:30h a 19:30h.

⚠️ Lembra traer o teu ticket de compra de 15€ ou máis de calquera establecemento asociado a ACIA Burela para poder participar. 😉 Cada ticket é una oportunidade!

🎁 Que premios podes gañar? Vales de desconto, cadernos, bolígrafos, mochilas, regalos sorpresa... ¡Todas as casillas teñen premio!

Vémonos o venres para pasar unha tarde divertida e chea de sorpresas. 🎉🛍️

🫶 Comercio galego

10/09/2026
10/09/2026

🎉 A RULETA DA VOLTA AO COLE SAE Á RÚA! 🎒🎁

Este venres 11 de setembro, a nosa ruleta de premios directos estará agardándote para celebrar o inicio do curso!

⏰ Cando? De 17:30 h a 19:30 h.
📍 Onde? Zona do Campón.

Busca a nosa mesa azul e a ruleta! Mochilas, estoxos, vales de 5€ e 10€, material escolar e moitas sorpresas máis poden ser túas ao instante.

🎟️ Como participar? Só tes que presentar o teu ticket de compra de +15 € de calquera establecemento asociado a ACIA Burela.

Mercar en Burela ten premio! Agardámoste este venres para xogar! 🛍️✨

🫶 Comercio galego

¿Quieres que tu empresa sea el Peluquería mas cotizado en Cervo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Cervo
27880