Gómez Failde Chantada

Gómez Failde Chantada

Compartir

Herboristería, Parafarmacia, Dietética, Nutrición y, desde hace 25 años, Centro de Análisis Cl? Amplía información en nuestra web: https://www.gomezfailde.com/

Herboristería, Parafarmacia, Dietética, Nutrición y, desde hace 25 años, Centro de Análisis Clínicos.

25/09/2026

Completa a túa rutina e coida a túa pel coa mellor protección! ✨

Protexer e coidar a túa pel ten premio en Gómez-Failde 💙. Aproveita a nosa nova promoción de ISDIN e renova os teus imprescindibles para o coidado facial e solar.

🎁 -10€ na 2ª unidade pola compra de 2 produtos das gamas:
☀️ ISDIN Fotoprotector
✨ ISDINceutics

É o momento perfecto para combinar a túa fotoprotección diaria cos mellores tratamentos sérum, antioxidantes ou antienvellecemento da marca.

🗓️ Dispoñible do 26 de setembro ao 11 de outubro.

📍 Visítanos en Gómez-Failde e déixate aconsellar para atopar a combinación ideal para a túa pel!

Photos from Gómez Failde Chantada's post 23/09/2026

Queres gañar un dos dous vales de 500 euros que se van sortear no MercaSacra?

Garda os tickets das compras feitas en Gómez-Failde e no resto das tendas do Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra entre o 21 e o 26 de setembro e lévaos ao MercaSacra: ademais dun agasallo, daranche unha participación para o sorteo!

18/09/2026

🍂 Setembro: época de cambios… tamén para o teu cabelo 💇‍♀️✨

Notaches máis cabelo no cepillo, na ducha ou incluso na almofada? 👀 Coa chegada do outono é habitual percibir un aumento da caída capilar. Na maioría dos casos, trátase dun proceso normal asociado ao ciclo natural de renovación do cabelo. 🌿

O cabelo atravesa distintas fases: crecemento, transición e repouso, ata que finalmente cae para deixar paso a un novo. 🔄 A finais do verán e durante o outono pode aumentar o número de cabelos nesta última fase, polo que é frecuente notar máis caída durante unhas semanas.

👉 Pero isto non significa necesariamente que esteas perdendo densidade capilar.

Para coidar o teu cabelo nesta etapa, podes incorporar algúns hábitos sinxelos:

🥗 Mantén unha alimentación variada e equilibrada, rica en proteínas, vitaminas e minerais.

🎀 Evita peiteados demasiado tirantes e reduce agresións como os cepillados bruscos ou o uso de ferramentas de calor sen protección.

🚿 Lava o cabelo con auga morna e remata con auga fría para axudar a selar a cutícula.

🧴 Utiliza produtos adaptados ao teu tipo de caída, xa que unha caída estacional non necesita os mesmos coidados ca unha caída progresiva.

💚 Tes dúbidas sobre a túa caída capilar?

En Gómez-Failde podemos axudarche a identificar o teu tipo de caída e a escoller os coidados máis axeitados para fortalecer o teu cabelo. ✨

15/09/2026

Setembro fáiseche costa arriba? 🍂

Entre as comidas do verán e a volta á rutina, é normal sentir o corpo máis pesado e as dixestións máis lentas. É hora dun reseteo completo! ✨

👌🏼Con Cynasine Detox Ampollas, axudas ao teu fígado a eliminar toxinas e a recuperar a túa lixeireza natural.

Só necesitas unha ampola ao día antes do almorzo —ou diluída na túa botella de auga— para comezar o día con enerxía. 💧

Dálle ao teu corpo o novo comezo que merece este mes! 💜

10/09/2026

🎒Mochila lista. E o neceser de protección?

😅A volta ao cole significa reencontrarse cos amigos, pero tamén chega a tempada oficial dos “visitantes inesperados” no cabelo e dos cambios bruscos de clima que afectan á pel infantil.

Evita sorpresas este curso cos nosos tres imprescindibles:
· Liña antipiollos: sprays repelentes de uso diario para mantelos afastados de forma natural. 🪮
· Fotoprotección escolar: o sol segue pegando no patio; un stick solar na mochila é o seu mellor aliado. ☀️
· Bálsamo reparador: para as rozaduras dos zapatos novos ou as primeiras caídas no recreo. 🩹

Visítanos hoxe en Gómez-Failde e prepara o seu escudo protector para un curso sen interrupcións.

07/09/2026

🩺 COMO VOLVEU O TEU CORPO DAS VACACIÓNS?

Setembro é tempo de novos comezos, de recuperar rutinas e de marcar obxectivos. Pero antes de comezar unha dieta, apuntarte ao ximnasio ou tomar suplementos, sabes realmente que necesita o teu organismo?

Os cambios de horarios e hábitos do verán poden reflectirse en parámetros como a glicosa, o colesterol ou as transaminasas. Ademais, esta época pode ser un bo momento para valorar, con criterio profesional, os niveis de vitamina D e outros indicadores do teu estado de saúde.

No laboratorio de Análises Clínicas de Gómez-Failde poñémoscho doado. Un chequeo analítico, sempre indicado e interpretado por profesionais, pode axudarche a:

✅ Detectar posibles carencias vitamínicas ou anemias.
✅ Coñecer os teus niveis de glicosa e o perfil lipídico.
✅ Adaptar a túa alimentación e suplementación ás túas necesidades reais.
✅ Retomar a rutina con información fiable sobre a túa saúde.

Sen longas esperas e coa máxima fiabilidade.

Coídate desde dentro.💜

02/09/2026

🥗 ENSALADA DE FIGOS: SABOR E NUTRICIÓN DE TEMPADA

Os figos están no seu mellor momento, así que aproveitamos para preparar unha ensalada fresca, completa e chea de contrastes. Unha combinación que achega fibra, vitaminas, proteínas e graxas saudables, ideal para g***r dunha comida nutritiva sen renunciar ao sabor.

🛒 Ingredientes:

• 3 tomates
• Mestura de brotes tenros
• 100 g de queixo rulo de cabra
• 50 g de froitos secos variados
• 8 figos frescos
• Aceite e vinagre
• 1 noz de manteiga

👩‍🍳 Preparación:

Cortamos os tomates en rodas e colocámolos nunha fonte. Engadimos por riba os brotes tenros, o queixo esmiuzado e os froitos secos picados en anacos grosos.

Cortamos os figos pola metade ou en cuartos e pasámolos pola tixola cun pouco de manteiga. Cando estean lixeiramente dourados, incorporámolos á ensalada.

Aderezamos con aceite e vinagre… e xa está lista para servir!

Un prato sinxelo, colorido e moi apetecible para aproveitar os produtos de finais do verán. Gardade a receita para preparala na casa. 💚

31/08/2026

✨ Envellecer ben comeza a nivel celular

Notas que che falta enerxía no día a día? As túas células tamén poden necesitar un extra de vitalidade co paso do tempo. 🔋

Con Vital Aging de Plameca, coidas a túa enerxía desde o interior grazas a unha fórmula avanzada que combina:

🧬 Nicotinamida Ribósido (NR): precursor do NAD+, esencial para a produción de enerxía celular.

🌿 Fisetina e trans-resveratrol: polifenois que axudan a protexer as células fronte ao estrés oxidativo.

⚡ MGCPQQ®: un ingrediente innovador que favorece o funcionamento celular e o metabolismo enerxético.

Coida a túa vitalidade desde dentro. 💚

📍 Atopa Vital Aging de Plameca en Gómez-Failde.

27/08/2026

😴🥴Moitos días de pouco sono, maquillaxe, sol e algún que outro exceso pasan factura. Se hoxe te miras ao espello e notas a pel apagada, deshidratada ou con textura... que non cunda o pánico!

✍️Toma nota desta rutina de rescate en 3 pasos para devolverlle a vida ao teu rostro hoxe mesmo:

PASO 1️⃣: Limpeza profunda pero amable
Elimina restos de toxinas e maquillaxe sen agredir a barreira cutánea. Aposta polos limpadores suaves de ISDIN ou Sesderma para preparar a pel.

PASO 2️⃣: Hidratación e SOS Desconxestionante
A falta de sono nótase na mirada. Combina un bo contorno de ollos cunha máscara ultra-hidratante rica en ácido hialurónico.

PASO 3️⃣: O chute de enerxía
Devólvelle a luminosidade á túa pel coa Vitamina C de ISDIN ou Sesderma. Reaviva o ton ao instante e dille adeus á cara de cansazo!

🛍️Consigue todos estes produtos e pon a punto a túa pel en Gómez-Failde. Vén visitarnos e aconsellámoste!🤩

21/08/2026

⚠️En Gómez-Failde pechamos o luns 24 e martes 25 de agosto.

Desexámosvos unhas moi boas Festas de Chantada! Vémonos á volta! 🥳🎈

¿Quieres que tu empresa sea el Salón De Belleza mas cotizado en Chantada?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


Avenida De Monforte, 1
Chantada
27500

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:30 - 20:00
Martes 09:00 - 14:00
16:30 - 20:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:30 - 20:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:30 - 20:00
Viernes 09:00 - 14:00
16:30 - 20:00
Sábado 10:00 - 14:00