Asociación Ultramar Village

Asociación Ultramar Village

Compartir

💙 Asociación de comercio e hostalería de Ultramar (Ferrol). Traballamos por un barrio cheo de vida!

Se tes un negocio na zona e queres sumarte ao noso proxecto, escríbenos a ultramarvillage@gmail e falemos!

12/06/2026

🍉🌞🏖🍽🍷 "Pizza Taglio", con burrata, mortadela e pistacho como ingredientes principais, é a orixinal proposta de Penda's 130 para o XII TapAtí, degustación de tapas coa que celebramos en Ultramar a chegada do período estival!

Ademais, só por degustar esta tapa entrarás no sorteo de ceas por valor de 165 euros no propio local: só tes que probala hoxe e mañá e cubrir a papeleta correspondente! Cantas máis tapas consumas, máis posibilidades de gañar unha cea terás.

🎟 Prezo único da tapa: 3 €

Colabora: Concello de Ferrol

11/06/2026

🍉🌞🏖🍽🍷 O Mesón A Canfurnada presenta estas saborosas albóndigas de merluza e langostinos para o XII TapAtí!!

Ademais, só por degustar esta tapa entrarás no sorteo de ceas por valor de 165 euros no propio local: só tes que probala o venres 12 ou o sábado 13 de xuño e cubrir a papeleta correspondente! Cantas máis tapas consumas, máis posibilidades de gañar unha cea terás.

Participan ademais:
🍉 Penda's 130
🍉 Rincón Maya Ferrol
🍉 Restaurante Alfonso
🍉 La Martina

🎟 Prezo único da tapa: 3 €

Colabora: Concello de Ferrol

10/06/2026

🍉🌞🏖🍽🍷 "Entroido de verán" é a refrescante proposta que nos fai La Martina para o XII TapAtí, degustación de tapas coa que celebramos en Ultramar a chegada do período estival!

Ademais, só por degustar esta tapa entrarás no sorteo de ceas por valor de 165 euros no propio local: só tes que probala o venres 12 ou o sábado 13 de xuño e cubrir a papeleta correspondente! Cantas máis tapas consumas, máis posibilidades de gañar unha cea terás.

Participan ademais:
🍉 Mesón A Canfurnada
🍉 Penda's 130
🍉 Rincón Maya Ferrol
🍉 Restaurante Alfonso

🎟 Prezo único da tapa: 3 €

Colabora: Concello de Ferrol

09/06/2026

🍉🌞🏖🍽🍷 Xa está aquí o XII TapAtí, degustación de tapas para celebrar a chegada do verán en Ultramar!!

Nesta duodécima edición sortearemos ceas por valor de 165 euros en cada local participante: só tes que degustar a túa tapa o venres 12 ou o sábado 13 de xuño e cubrir a papeleta correspondente! Cantas máis tapas consumas, máis posibilidades de gañar unha cea terás. Participan:

🍉 Mesón A Canfurnada
🍉 Penda's 130
🍉 Rincón Maya Ferrol
🍉 Restaurante Alfonso
🍉 La Martina

🎟 Prezo único da tapa: 3 €

Colabora: Concello de Ferrol

06/06/2026

💙💛 Entregamos a Sara o vale de 500 euros do Déixate Querer por Gadis Ultramar, gañado grazas a un gasto realizado en Federópticos Begoña Lorenzo. Así dá gusto comezar o mes!!

Sara recibe o vale de mans de José Carlos Díaz, delegado de área e conselleiro de Gadisa, e Begoña Lorenzo, en representación de Ultramar Village en tanto propietaria da óptica que sorteou o vale.

O noso agradecemento a Gadis por patrocinar esta actividade un ano máis!

Colabora: Concello de Ferrol

01/06/2026

💙💛 Parabéns a Sara, gañadora do vale de 500 € para trocar en Gadis Ultramar por un gasto realizado en Federópticos Begoña Lorenzo!!

Colabora: Concello de Ferrol

01/06/2026

💙💛 Federópticos Begoña Lorenzo sorteará o vale de 500 do Déixate querer por Gadis Ultramar!!

Resultado do sorteo: https://bit.ly/SorteoGadis2026

Colabora: Concello de Ferrol

01/06/2026

💙💛 Que establecemento será o encargado de sortear o vale de 500 € entre a súa clientela?? Saberémolo hoxe ás 13:00 h!! Se queres seguir o sorteo en directo, podes facelo desde https://bit.ly/SorteoGadis2026.

E mañá martes realizaremos o sorteo da persoa gañadora do vale do Déixate querer por Gadis!!

Colabora: Concello de Ferrol

02/05/2026

💙💛 Déixate querer por Gadis Ultramar!! Desde hoxe e ata o 30 de maio poderás gañar un vale de 500 euros para trocar no supermercado da praza de Ultramar só por facer algún gasto nos establecementos asociados participantes!!

Colabora: Concello de Ferrol

¿Quieres que tu empresa sea el Peluquería mas cotizado en Ferrol?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Ultramar (Ensanche B)
Ferrol
15404