Herboristería Estalitroque
A túa herboristería de confianza en #Lalín. Plantas medicinais, suplementos deportivos e alimentación
03/08/2026
16/07/2026
👙🏖️ Verán = Máis risco de cistite 🚻
Praia, p*scina, bañador mollado durante horas, máis humidade, máis calor, ...
Hai hábitos típicos do verán que poden influir no benestar urinario e provocar que aparezan molestias xusto cando máis ganas tes de desfrutar das túas vacacións.
🔹 Bebe suficiente auga.
🔹 Non aguantes as ganas de facer p*s.
🔹 Fai p*s despois de manter relación se***is.
🔹 Coida a túa hixiene íntima.
🔹 Escolle roupa interior de algodón.
🔹 Cambia o bañador húmido canto antes.
🔹 Uso da copa menstrual no lugar de compresas.
👉🏼 Cistomar Forte combina D-Manosa, arando vermello americano, centinodia, vitaminas e minerais nun práctico formato bebible, ideal para levar contigo onde vaias. (O formato máis axeitado para ep*sodios de rápida aparición e moita intensidade).
👉🏼 Os formatos de Cistomar cápsulas e Cistomar xarope poden continuar a acción de Cistomar Forte a modo de reforzo.
Este verán, sexas muller ou home, coida a túa saúde urinaria e desfruta das vacacións sen preocupacións.
10/07/2026
🌱🐜 Terra de diatomeas de : control físico de pragas e fogar máis saudable. 🐜🌱
Este pó fino está composto por restos fosilizados de diatomeas, un tipo de alga que ofrecen propiedades únicas.
Biodegradable, non deixa residuos tóxicos e axuda a diminuír o uso de pesticidas químicos, protexendo a biodiversidade e o benestar do fogar. 🏡
👉🏼 Multifunción: Úsaa na casa para manter zonas libres de insectos, no xardín para protexer as túas plantas e nas áreas de mascotas para controlar olores e mellorar a hixiene diaria.
Como usar a terra de diatomeas?
🔸 Fogar: espolvorea unha capa fina en zócalos, gretas e zonas de paso; para fregar, dilúe 10–15 g nun cubo de auga. Tamén desodoriza e absorbe moi fortemente a humidade: propiedades interesantes para outras situacións: ouriños, manchas nos tecidos, coiro, etc.limpa sen raiar e aporta brillo (aceiro inoxidable, cobre, peltre e pratería), as superficies tratadas co pó secan rapidamente e pódense limpiar en pouco tempo.
🔸 Xardín e horta: fertilizante rico en silicio, pulveriza 25–50 g/L de auga sobre follas e tallos; tamén podes espolvorear na base das plantas.
🔸 Mascotas e espazos con animais: aplica en camas, xaulas e zonas de descanso; para superficies amplas, utiliza 10–30 g/m².
👉🏼Consello práctico: axita antes de pulverizar e repite a aplicación tras chuvia ou limpeza.
🤲🏻 Beneficios para a saúde:
Favorece un entorno máis saludable ao reducir a exposición a químicos e manter espazos secos e limpos que incomodan aos insectos.
30/06/2026
A alternativa fronte aos tampóns. 🌱
Capaz de cambiar por completo o teu concepto da menstruación e a túa forma de vivila, a é hixiénica, cómoda, hipoalerxénica, moi económica, totalmente libre de substancias tóxicas e ecolóxica.
👉🏼 Unha soa copa menstrual pode durar 10 anos ou máis e aforrarche, a ti e ao planeta 🌍, ata 400 tampóns ao ano. 🤯
O verán é unha época excelente para iniciarse coa copa menstrual. A maior flexibilidade de horarios, a comodidade para ir á praia ou p*scina sen fíos á vista e o menor uso de roupa axustada facilitan o período de adaptación. 🥰☀️
Para que a túa transición sexa un éxito este verán, ten en conta estes puntos chave:
🔹 Adaptación sen présas: Aproveita os días de descanso para practicar a inserción e extracción na tranquilidade do teu baño.
🔹 Comodidade acuática: A diferenza dos tampóns, non absorbe agua, o que che permite nadar sen risco de que se humedeza ou reteña cloro. ‼️
🔹 Limpeza fóra da casa: Nos baños públicos, podes vaciala, limpala con papel hixiénico e volvela colocar, facendo unha limpeza profunda ao chegar ao teu aloxamento.
🔹 Esterilización: Para desinfectala entre ciclos ou se estás de viaxe, podes depositala nun vaso e ao microondas durante uns 3-5 minutos ou usar pastillas esterilizadoras portátiles.
🔹 Cambios frecuentes: Vacíaa cada 4-8 horas dependendo do teu fluxo, especialmente se pasas moitas horas exposta ao sol ou viaxando.
👉🏼 Pode ser utilizada por adolescentes desde as primeiras menstruacións.
20/06/2026
Engade un toque doce e colorido! 💜
O , tamén coñecido como ñame morado, é un tubérculo orixinario das Filipinas; cun sutil e único sabor a vainilla e avelá.
Beneficios:
🔸 Fonte de enerxía sen cafeína.
🔸 Alto contido en fibra.
🔸 Axuda a regular apetito e reducir antollos.
🔸 Rico en antioxidantes e vitaminas.
🔸 Favorece unha pel sana e radiante.
🔸 Apto para alimentación vegana, sen glute e sen alérxenos.
O ingrediente perfecto e versátil para os teus lattes, batidos, repostería, bowls… 👌🏼😋
👉🏼 Non GMO, sen pesticidas, sen azucres engadidos, sen conservantes nin colorantes.
100% natural, saudable e delicioso! 🌱
11/06/2026
Prepara a túa pel para o verán ☀️ (Vol.2)
A liña será a túa grande aliada gracias ás poderosas propiedades , calmantes e do bidueiro branco polar. 🌿
Unha rutina facial e corporal lixeira e eficaz para equilibrar a pel mixta ou graxa, controlar brillos e mellorar a textura sen sobrecargala:
🔹 O limpador facial será o teu indispensable tanto de día coma de noite. Con el eliminarás o exceso de aceite e impurezas sen deixar sensación de sequidade ou tirantez e minimizarás a inflamación debida ao acné. Gracias aos ingredientes da súa fórmula hidratarás a pel e equilibrarás o seu pH. 🧖🏼♀️
🔹 A suave máscara facial exerce unha acción efervescente en contacto co osíxeno, xunto coas arxilas minerais con efecto desintoxicante axudaranche a limpar e a purificar a túa pel en profundidade. 🫧
🔹 O xel de ducha purificante será a túa solución ideal para a limpeza diaria da pel do corpo con tendencia ao acné como pode ser o peito ou a espalda. Encantarache a súa acción refrescante! 🛁
Para unha pel máis fresca, matificada e confortable. ✨
05/06/2026
Adiántate á súa chegada 🦟⛔️
Repelentes ecolóxicos certificados e veganos , con máis de 30 anos de experiencia. Ulen estupendamente e son aptos para todos os membros da familia!
Este difusor eléctrico está formulado cunha eficaz combinación de plantas aromáticas 100% natural (citronela, eucalipto, xeranio, lavanda, albahaca, litsea e clavel), sen substancias tóxicas nin perfumes sintéticos. 🌿
Repele, purifica e refresca o ambiente.
Apto para bebés desde o primeiro mes e persoas con dificultades respiratorias.
Unha solución práctica para evitar zumbidos e picadas durante toda a tempada. As recargas duran 45 noites aproximadamente.
Recoméndase colocalo cerca da cama para unha maior eficacia. Tralo seu uso, non fai falta ventilar ao ser totalmente inofensivo.
Verán seguro sen picadas! 👌🏼😎
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Teléfono
Dirección
Rúa Colón Nº6, Baixo
Lalín
36500
Horario de Apertura
| Lunes | 09:30 - 14:00 |
| 16:30 - 20:00 | |
| Martes | 09:30 - 14:00 |
| 16:30 - 20:00 | |
| Miércoles | 09:30 - 14:00 |
| 16:30 - 19:00 | |
| Jueves | 09:30 - 14:00 |
| 16:30 - 20:00 | |
| Viernes | 09:30 - 14:00 |
| 16:30 - 20:00 |
Notificaciones
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Herboristería Estalitroque publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.