Vai de Unllas
Diamante atemporal
11/09/2026
Amado/a lector/a,
Ás veces a vida dá xiros inesperados. De súpeto, unha decisión empresarial déixate fóra da ecuación e, como consecuencia, todo f**a patas arriba.
Pero algo que podería parecer unha catástrofe foi para min a oportunidade de adicarme a unha paixón, a algo que levaba facendo como afeccionada toda a miña vida e que se converteu de pronto na saída profesional que necesitaba.
24/07/2026
Querido/a lector/a,
Esta autora confesa que as tatuaxes son, para ela, moito máis que tinta baixo a pel: son fragmentos de vida, recordos e promesas que decidimos levar sempre con nós.
Por isto, a preparación é o primeiro paso dese camiño cara á calma e o benestar durante este proceso.
17/07/2026
Querido/a lector/a,
Moitas veces pensamos nunha tatuaxe como un selo inmutable, unha mensaxe gravada para sempre que desafía o paso dos anos. Porén, o noso corpo é unha paisaxe viva e en constante cambio, e a tinta non é allea a este movemento vital.
10/07/2026
Querido/a lector/a,
A esta autora encantaríalle poder viaxar ó pasado para falar con Otzi, quen hai máis de cinco mil anos xa portaba na súa pel as pegadas dunha arte milenaria.
As súas tatuaxes fálannos dunha necesidade de expresión e de coidado que nos acompaña dende o principio dos tempos, lembrándonos que a estética e o benestar teñen raíces moito máis profundas do que ás veces pensamos.
03/07/2026
Querido/a lector/a,
Quen escribe estas liñas cre de xeito firme que na diversidade está a beleza, e no coidado da pel, esta máxima cobra máis sentido que nunca. Así como cada persoa garda unha historia única, cada tipo de pel require un camiño diferente para alcanzar esa suavidade que tanto desexamos.
Moito evolucionou a tecnoloxía dende que o láser deu os seus primeiros pasos nos laboratorios da década de 1960... E hoxe sabemos que o universo do láser non é un camiño único, senón un abano de posibilidades deseñadas para adaptarse con delicadeza e equilibrio a cada necesidade.
26/06/2026
Querido/a lector/a 🖋📜
Moito antes de converterse nun dos tratamentos estéticos máis populares da nosa época, o láser era unha innovación reservada a laboratorios e centros de investigación.
Corría a década de 1960 cando esta tecnoloxía comeza a dar os seus primeiros pasos, aínda que todavía terían que pasar algúns anos para descubrir todo o seu potencial no coidado da pel.
19/06/2026
Querido/a lector/a,
Aínda que poida resultar tentador acudir á cera ou ás pinzas entre sesións, compre recordar que o láser precisa atopar o pelo para realizar correctamente a súa labor. Arrincalo de raíz pode interferir no tratamento e retrasar os resultados.
Por iso, se recomenda optar únicamente pola rasuración entre sesións. Un pequeno xesto que axudará a que cada cita sexa máis ef**az e a que o camiño cara unha pel máis suave avance según o previsto.
12/06/2026
Querido/a lector/a, 🖋📜 existe a crenza de que a micropigmentación naceu unicamente da estética e da beleza… pero a súa historia vai moito máis alá
Antes de converterse nun tratamento pensado para realzar cellas, beizos ou mirada, esta técnica tamén foi utilizada con fins reconstructivos e correctivos, axudando a devolver harmonía visual tras cicatrices, procesos médicos ou pequenas alteracións estéticas.
Quizais por iso a micropigmentación segue tendo hoxe a mesma esencia: non transformar quen somos, senón acompañar os trazos naturais con delicadeza e equilibrio.
05/06/2026
Querido/a lector/a, 🖋📜 toda obra delicada precisa coidados co paso do tempo... e a micropigmentación non é unha excepción.
Aínda que o resultado está pensado para durar, factores como o tipo de pel, o sol ou o ritmo de vida fan que o pigmento evolucione pouco a pouco. Por iso os retoques permiten manter a harmonía, a intensidade e a naturalidade do tratamento co paso dos meses.
Se estás pensando na túa próxima manicura 💅🏻 aquí tes un pouco de inspiración de deseños en tendencia 😉
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Rúa EStrada N°19 Bajo
Pontevedra
36004
Horario de Apertura
| Lunes | 15:30 - 19:30 |
| Martes | 11:30 - 19:30 |
| Miércoles | 15:00 - 19:00 |
| Jueves | 11:30 - 19:30 |
| Viernes | 10:00 - 14:00 |