CSA do Sar
@drjuanjr Un espazo, así mesmo, onde teña cabida a cultura e o lecer alternativos.
O Centro Social Autoxestionado do Sar é un proxecto que nace da vontade de dotar á cidade de Compostela dun espazo aberto para uso da veciñanza e os movementos sociais de Compostela. O funcionamento do centro social é asembleario e autoxestionado: o espazo organízase mediante unha asemblea aberta na que participan os diferentes colectivos da casa e todas as persoas que queiran acudir a titulo individual. O centro finánciase coas doacións que recibe da xente que fai uso del, que son destinadas integramente á mellora e mantemento do espazo. Asi mesmo as actividades deberán ser abertas, non lucrativas e ter unha finalidade social. Se queredes organizar algunha actividade vinde á asemblea ou escribídenos un mail. Reunímonos todos os luns ás 20:30h
Se queres facer uso puntualmente do espazo pero non participar activamente deste, pomos un formulario online a disposición de todas aquelas colectivas ou individualidades que queiran organizar algún evento na Casa: https://forms.gle/NsAYV1HhEmZrQuEW7
Animádevos a participar na construcción dun espazo de tod@s para tod@s!
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Página web
Dirección
Santiago De Compostela